A CIG “escracha” ao dono de Cátering Caranza polo impago de catro nóminas

A CIG “escracha” ao dono de Cátering Caranza polo impago de catro nóminas
Diario de Ferrol-2014-07-23-007-5ef449f4

A Federación comarcal de Servizos da Confederación Intersindical Galega –CIG– organizou onte un “escrache” ao empresario de Cátering Caranza polo impago de até catro nóminas ao persoal da firma de hostalaría.
A central nacionalista mobilizouse outra vez, neste caso diante do domicilio particular do dono da firma, en Narón, para reclamar non só o abono dos salarios, senón tamén para denunciar “a explotación laboral e o acoso sindical que sofren os traballadores e traballadoras do sector servizos nesta comarca”.
A través dun comunicado, a CIG asegura que con estas accións quere facerlle ver ao “escrachado” a “anguria que senten estes empregados cando teñen que facer fronte ás facturas e recorrer a familiara para poder comer e mesmo ir traballar, mentres este señor cobra os eventos que organiza nos clubes do Montón sen os marcar na caixa, mantén o seu alto nivel de vida e monta locais a nome da súa filla, que reside en Italia”. n

A CIG “escracha” ao dono de Cátering Caranza polo impago de catro nóminas

Te puede interesar