A chuvia condiciona unha programación festiva que está en permanente revisión

A chuvia condiciona unha programación festiva que está en permanente revisión
masterclass de latin funk y Judo en Amboage

Dado o mal tempo no que se están a desenvolver as festas de Ferrol, quizais o Concello debería barallar a inclusión de deportes náuticos na mesma. De momento, a chuvia parece que continuará e obriga a realizar cambios. Así, a animación infantil “Polo correo do vento”, que estaba programada para as 20.00 horas na praza de Armas, moverase ao edificio do Antigo Hospicio, na praza de Amboaxe, co mesmo horario. Antes, ás 12.30 horas, levarase a cabo no Centro Cívico de Covas. 
En canto as actividades deportivas ao aire libre en colaboración cos ximnasios e centros deportivos da cidade, levaranse a cabo no Pavillón do Ensanche en caso de chuvia, aínda que se non chove a idea inicial é manter esta actividade tal e como estaba prevista na praza do Inferniño. Trátase dunha clase aberta de tai chi, ás 10.30 horas, impartida polo centro deportivo Bunkai, dunha masterclass de zumba e body combat ás 12.00 a cargo de Bitákora e un circuito funcional á unha da tarde con Noetrainers. 
Onte, o teatro chegou a todos os públicos a cargo de Ghazafelhos coa repersentación de “As mil e unha noites” no Torrente, mentres no Carvalho Calero Abuín e outros rapeiros locais amosaron o pulo do hip hop en Ferrol.

A chuvia condiciona unha programación festiva que está en permanente revisión

Te puede interesar