Cedeira venerou a Virxe do Mar na tradicional procesión

Cedeira venerou a Virxe do Mar na tradicional procesión

Se o martes non puido saír de desfile polas rúas da localidade por mor do mal tempo, a imaxe da Virxe do Mar, patrona dos cedeireses, si luciu onte en todo o seu esplendor na tradicional e sempre secundada procesión marítima que tivo lugar ao mediodía na que foi a penúltima xornada das grandes festas de verán da vila.
Trala celebración da misa e posterior saída da igrexa cara o peirao, acompañada pola Banda da Asociación Pro Cedeira, a efixie embarcou para chegar, xunto a máis dun cento de lanchas –unha das cales volcou sen ter que lamentar danos persoais–, á entrada da ría.
A festa continuou pola tarde co espectáculo familiar “Vaya circo”, de Kanbahiota, e os concertos musicais na praza Roxa do grupo local The Barefoots e dos artistas que dan forma ao espectáculo La Edad de Oro del Pop Español.
As festas patronais rematarán hoxe coa tamán tradicional Xira a San Antón, lugar ao que se agarda acudan moitos cedeireses e visitantes. Trala baixada dos participantes, actuará na Praza Roxa La Banda del Camión.

Cedeira venerou a Virxe do Mar na tradicional procesión

Te puede interesar