Cedeira prepara un outubro teatral cos pequenos como protagonistas

Cedeira prepara un outubro teatral cos pequenos como protagonistas
Diario de Ferrol-9999-99-99-999-cb09e209_1

A historia dun home que é engulido pola súa propia tableta electrónica e o que alí viviu inaugura este sábado o programa teatral de Cedeira, que ten en outubro ós nenos como principais destinatarios. Talía Teatro está detrás de “Xango”, unha función de mimo e clown que porán en escena Dani Trillo e Toño Casais e que se orienta ós rapaces entre os sete e os doce anos. A función comezará ás oito da tarde no auditorio da localidade e as entradas custan 2,5 euros.
O sábado 11 de outubro tomará o relevo Magín Blanco, co espectáculo músical e teatral “Gatuxo”. Trátase dunha metáfora do crecemento dun bebé e do seu descubrimento do mundo a través de distintas disciplinas artísticas que inclúen o baile, o clown, o contacontos ou a manipulación de obxectos ademáis das cancións. Blanco estará acompañado por Jorge Juncal e María Faltri no apartado musical e pola actriz Raquel Queizás.
Como remate, o sábado 18 Fanfarra Teatro porá en escena “Parece que... vai chover”, un traballo en torno ó medo nas súas diferentes vertentes, que afonda en ansias, dúbidas, incertezas ou congoxas cun plantexamento traxicómico.

Cedeira prepara un outubro teatral cos pequenos como protagonistas

Te puede interesar