A Casa da Cultura de Fene acolle mañá o bo momento creativo de Carlos Blanco

A Casa da Cultura de Fene acolle mañá o bo momento creativo de Carlos Blanco
Diario de Ferrol-9999-99-99-999-dac25c7c

Existe unha notable expectación en Fene para ver a derradeira actuación do ciclo “Un outono…de risa!” que protagoniza mañá o actor e humorista Carlos Blanco co espectáculo “Carlos Blanco ao vivo (de momento!)”.  
Para asistir á función, será imprescindible retirar as entradas (ata un máximo de tres por persoa) mañá na conserxería da Casa da Cultura a partir das 17.00 horas e ata as 20.00 horas como máximo, aínda que se agarda que as entradas, gratuítas, se esgoten antes para un recinto que ten unha capacidade de 128 butacas.

os mellores monólogos
Nun momento creativo cenital, con teatros cheos e críticas excelentes, en “Carlos Blanco ao vivo (de momento)”, o showman de Vilagarcía recupera os mellores monólogos das súas dúas décadas de carreira, repasando ao seu particular xeito temas que foron actualidade coma o roubo do Códice Calixtino.  
Carlos Blanco é un artista cunha ampla traxectoria teatral. Amais de autor e director, é un dos actores galegos de TV máis coñecidos. Presentou e colaborou en multiples programas da TVG como “Sitio Distinto” ou “Luar”. Formou parte do elenco protagonista da serie “Mareas vivas” e, posteriormente, tamén do de “Lobos”, serie emitida por Antena 3 en 2005.
No cinema, Blanco participou en longametraxes como “O lápis do carpinteiro”, de Antón Reixa; “O alquimista impaciente”, de Patricia Ferreira; ou “Volver”, de Pedro Almodóvar. En 2005 obtivo o premio Mestre Mateo ao mellor actor secundario pola súa interpretación en “Heroína”. Tamén foi finalista do certame de monólogos de “El Club de la Comedia”. n

A Casa da Cultura de Fene acolle mañá o bo momento creativo de Carlos Blanco

Te puede interesar