Carrero Bianco: “O cartel das festas é boísimo, hai para todos os gustos”

Carrero Bianco: “O cartel das festas é boísimo, hai para todos os gustos”
Diario de Ferrol-2015-08-29-009-74ebb542_1

Un dos referentes do actual pop electrónico ou synthpop feito en Ferrol é Carrero Bianco. O cuarteto estará hoxe ás 22.30 horas na praza de Amboage abrindo o cartel das festas para El Columpio Amarillo, un dos referentes do indie español. Sergio Peck, teclista de Carrero Bianco, destaca que o cuarteto “está moi contento coa participación no cartel das festas, é unha especie de recoñecemento a seis anos de traxectoria, ademais de a un estilo de facer música que leva o nome de Ferrol por moitos lugares, listas independentes ou programas de Radio 3, por exemplo”.
En canto á programación xeral das festas, Sergio destaca que “non é por nós, pero hai un cartel boísimo, con xente como Malikian, El Columpio Asesino, Magín Blanco, Sés, xente de gran nivel e apostas de aquí. A verdade é que hai para todos os gustos, aínda que o tempo non acompañou demasiado”. En canto ao que van facer hoxe, Sergio adianta: “Pois o noso novo sinxelo, ‘Bombas de cristal’, e os noso hits habituais”. O cuarteto está a rematar un disco que sairá en outubro no seu novo selo, Ferror Records. Antes, despois do concerto das festas, farán unha sesión de pinchadiscos no pub Manchita Cosa. 
   
Indie español
Encanto a El Columpio Asesino, o quinteto navarro é un dos estandartes da actual escena independente española. O grupo navarro continúa presentando en directo o seu novo disco, “Ballenas muertas en San Sebastián” ata o mes de decembro. Con cinco discos as súas costas, El Columpio Asesino desmárcanse dos sons habituais da escena, co beneplácito da crítica e uns concertos que funcionan con gran precisión. Son reverenciados en México, país onde actúan habitualmente. Contan con cinco Premios da Música Independente, o IMAS mexicano ao Mellor Grupo Español (conseguido por segunda vez neste 2015) e un dos temas máis pinchados dos últimos meses, “Toro”.

bolboretas musicais
Completan as actividades de hoxe na programación das festas de Ferrol o proxecto “De aquí para alá!” a partir das 20.00 horas en Canido. 
Trátase dun espectáculo para público infantil e xuvenil interpretado por actores  e músicos profesionais, dirixidos por Lydia Botana ((voz, piano, guitarra e acordeón). Cóntase a historia dunha bolboreta que nace gracias ó son de diferentes instrumentos musicais.

Carrero Bianco: “O cartel das festas é boísimo, hai para todos os gustos”

Te puede interesar