“Cando recibín a proposta prantexeino como un reto total; apetecíame moito”

“Cando recibín a proposta prantexeino como un reto total; apetecíame moito”
Pepo Suevos contará para a gala cun elenco de seis actrices e actores e cunha banda de músicos

Xa de pequeno era un deses cativos “paveros” que nas reunións familiares acababa animando a festa coas súas imitacións da Orquesta Mondragón. O mundo da comedia era, xunto ao baloncesto –deporte no que segue federado–, unha das súas afeccións.

Porén, naquel entón Pepo Suevos (Ferrol, 1971) aínda non sabía que aquilo de “facer a mona e contar tonterías” podería convertirse nun medio de vida. Iso descubriuno vendo unha actuación de Avelino González e Ricardo de Barreiro en Santiago en 1999. “Eu estiven alí, escoitando, e cheguei á conclusión de que o que facían eles facíao eu cada vez que tiña unha cea do equipo de baloncesto ou de rugby; cada vez que iamos cear despois dun partido chegaba un momento no que eu estaba contando unhas batalliñas e o resto da mesa escarallándose de risa. E resulta que un día dixéronme que se podía cobrar por facer iso, e a partir de aí busquei a maneira de ter unha aportunidade. E aquí estamos”, relata. E non lle vai nada mal.

O ferrolán, que comezou a súa traxectoria como contacontos e monologuista, foi ampliando as súas facetas artísticas como actor de teatro, cine e televisión. Agora vén de asumir un novo reto: a dirección e presentación da gala dos XXI Premios de Teatro María Casares que terá lugar este mércores no Teatro Rosalía de Castro da Coruña. Estará acompañado ademais por un elenco formado por María Roja, Roberto Leal, Josito Porto, Alberto Rolán, Marta Lado e Patricia Torres. A música correrá a cargo dunha banda cubana que levará o son e a salsa á ceremonia.

Como afronta este encargo da Asociación de Actores e Actrices de Galicia, que confiou en vostede a dirección da gala?
O primeiro, cando recibín a proposta, prantexeito como un reto total, porque era facer todo, elaborar os contidos, buscar o elenco artístico, escribir o guion, dirixir á xente nos ensaios e presentala. Era como un pack inmenso no que toda a responsabilidade era miña e a verdade é que me apetecía porque é moi difícil que teñas o control de todo en ningún traballo. E a verdade é que me apetecía moito. Estou moi contento coa xente e creo que pode quedar moi simpática a cousa.

Que ingredientes ofrecerá a ceremonia?
Pois pode dicir que nos atreveremos a cantar e a bailar, e haberá tamén algún sketch onde trataremos temas que están encima da mesa actualmente no mundo do teatro; eses conflitos que hay co Centro Dramático Galego, ou esas políticas de subvencións, convenios, o famoso IVA, todas esas cousas que marca un pouco a convivencia entre o teatro e a administración. A relación entre as dúas partes é algo que está aí. Actualmente, tal e como está deseñado o mundo do teatro, a parte pública é fundamental e agora, co tema dos recortes e a adaptación de leis, de normas e de cambios de gobernos, o teatro sufre sacudidas porque tense que ir adaptando ao que vai vindo.

Como definiría o momento actual que vive esta arte escénica?
Estamos nun momento no que o carto público non está axudando nada e incluso tamén a sensación do público é que o teatro é caro; entón as compañías teñen que axustar moito os orzamentos, están tendo menos función que hai anos e todo esto inflúe en que non se podan facer grandes función. E temos a inmensa sorte de que a xente do teatro ten un talento innato para buscarse a vida e van apañando con pequenos formatos que dependen da creatividade de cada un, e máis ou menos a xente sobrevive, pero non é a situación ideal. Incluso vémolo a nivel do Centro Dramático Galego, un organismo que nace para dinamizar e mobilizar o teatro a nivel público desde a administración e resulta que para este 2017 en principio está contemplada unha montaxe con dez actores. Entón, se nun ano van traballar dez actores cinco meses, pois escasamente está cumplindo o centro coa súa función.

Televisión ou monólogos, con que se quedaría?
Para min funcionan de forma complementaria. A miña paixón é o monólogo, porque é un corpo a corpo directo, donde tes un retorno inmediato do que fas. Pero así como os monólogos son a base da miña actividade, se non tivera feito televisión, ao mellor como monologuista non tería chegado a ningunha parte, porque non me irían ver, porque aquí as caras coñecidas venden moito máis co talento. Entón, no meu caso deume vida estar nas casas da xente naquela serie Terra de Miranda, na pel do personaxe Metralla, que durante seis anos estivo na pantalla e esa presencia permanente fai que a xente te identifique ao verte nun cartel dun monólogo.

Tamén é guionista…
A posibilidade de escribir para outros e para min, tanto para televisión como para monólogos, abriume unha tercera porta que a día de hoxe está tamén moi metida na miña economía, xa que desde 2009, que empecei no Land Rober grazas a Roberto Vilar, que foi o que se empeñou en que eu escribira, pois non parei de facelo. A miña faceta de guionista está tamén moi presente e todo se complementa moi ben.

“Cando recibín a proposta prantexeino como un reto total; apetecíame moito”

Te puede interesar