O campus ofertará títulos relacionados coa moda, os videoxogos e a robótica

O campus ofertará títulos relacionados coa moda, os videoxogos e a robótica
De esquerda a dereita, María Dolores Candedo, Ginés Nicolás, Julio Abalde e Araceli Torres d. alexandre

O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, deu a coñecer onte a proposta de novas titulacións –un grado e tres mestrados– nas que se traballa para implantar no campus de Ferrol nos próximos cursos dando cumprimento así a unha das liñas estratéxicas do plan do Campus Industrial de Ferrol que ten que ver coa posta en marcha de novos programas formativos. Sectores como o da moda, os videoxogos, o deseño industrial ou a robótica son algúns dos eixos sobre os que vertebrarán os novos estudos, que se engadirán á oferta actual en dúas fases.
Na primeira, que terá lugar no curso 2018/2019, implementarase o Grao en Xestión Industrial da Moda así como dous mestrados: un en Deseño Industrial coas espcialidades de Xoias, Mobles e Automoción, e outro en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización en Videoxogos. No curso 2019/2020 será a quenda para outros dous mestrados: un en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Moda e o de Informática Industrial, Automática e Robótica.

criterios
Para a elaboración destas propostas seguíronse, segundo explicou o reitor, unha serie de criterios como que foran títulos únicos no Sistema Universitariao Galego e a ser posible tamén a nivel estatal; que a oferta fora atractiva e permitira captar estudantes; que fora dirixida a sectores económicos e sociais relevantes na economía galega; e que estiveran aliñados coa especialización do Campus Industrial, “que ten que ver con aqueles sectores industriais que xeran valor engadido na nosa comunidade autónoma”, comenteu Abalde.
O enfoque práctico e profesionalizante das propostas – “que que estiveran dirixidas a aqueles sectores empresariais que consideramos que neste momento precisan dotarse de novos profesionais para o seu desenvolvemento”, explicou; ou que a oferta tivera capacidade para captar estudantes estranxeiros dentro da aposta da UDC pola internacionalización, foron outros dos aspectos a ter en conta no deseño da nova oferta académica.
Trátase, en palabras do reitor, dunha proposta “ambiciosa” para que o campus local poda ser un referente nos diferentes sectores económicos.
Salientou, neste sentido, o peso industrial do sector da moda na economía galega, que supón o 25% do PIB –en un 2,5% do PIB español–. “Cremos que é un sector moi potente, como tamén o dos videoxogos, un sector tamén emerxente donde Galicia xoga tamén un papel importante, e debemos estar aí”, manifestou Abalde.
Neste mesmo nivel sitúase, según o reitor, o mundo da robótica. “No futuro, absolutamente todas as empresas, industrias e sectores necesitarán profesionais formados en Automática e Robótica, e temos que ser capaces de formar eses titulados”, engadiu.
Julio Abalde –que na presentación de onte estivo acompañado pola vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Araceli Torres; o director do Campus Industrial, Ginés Nicolás; e María Dolores Candedo, adxunta á Vicerreitoría de Oferta Académica e Innovación Docente da UDC– cualificou a oferta, agás no mestrado que ten que ver específicamente o Grado de Deseño Industrial, como “transversal”, na que todos os centros se verán dalgún xeito reflectidos. “É unha oferta que tenta ser inclusiva de todos os centros; non vai a ser liderada por ningún centro, senón polo Campus Industrial de Ferrol”, especificou.
O lugar onde finalmente se impartan estas titulacións dependerá das infraestruturas que sexan necesarias para a súa posta en marcha, se ben desde o reitorado cren que as actuais poderían ser suficientes.
No tocante ao profesorado necesario para impartir as novas propostas, Abalde asegurou que “moito profesorado xa está na UDC, porque xa cando se fixo o estudo das propostas xa se valorou a dispoñibilidade dos docentes que temos. Entón verase canto se precisa e se levará co debido tempo”, apuntou.

carácter industrial
A proposta de novas titulacións é unha das liñas contempladas no plan estratéxico de Campus Industrial que vén de iniciar o seu percorrido e que ten como horizonte o 2020. Nestes primeiros pasos, e xunto ás novidades formativas, a potenciación da visualización do campus e os contactos co eido empresarial son outros dos principais obxectivos.
Onte, precisamente, unha delegación do Clúster Aeronáutico de Galicia visitou varios laboratorios dos centros de Esteiro.

O campus ofertará títulos relacionados coa moda, os videoxogos e a robótica

Te puede interesar