Borja Ramón López, gañador do Premio Curuxa do Humor

Borja Ramón López, gañador do Premio Curuxa do Humor
Un momento da reunión do xurado celebrada onte pola tarde

A edición de 2017 do XXI Concurso de Humor Gráfico “Curuxa do Humor” convocado polo Concello de Fene coñece xa o nome dos premiados logo da reunión que o xurado celebrou onte pola mañá nas instalacións do Museo do Humor de Fene.


O gañador desta edición é Borja Ramón López Cotelo, autor da obra “O mellor amigo do home”, presentado co lema “Quené”. O xurado destacou “o seu debuxo sintético e equilibrado, así como o tratamento que fai da incomunicación derivada do abuso das novas tecnoloxías”. O galardón está dotado con 2.000 euros e diploma.
O segundo premio, de 1.500 euros e diploma, foi para o traballo presentado co lema “Morfeo”, do autor Andrés Meixide Gayoso e titulado “Beeeeeeevidos”. A súa capacidade para codificar a mensaxe con moi pouco texto, a boa resolución gráfica e o manexo da cor foron algúns dos aspectos salientados polo xurado.
Na categoría Curuxa-Nova, para menores de 25 anos, o primeiro premio –1.000 euros e diploma– foi para Andrés Simal González, co traballo “Un paseo sobrenatural”. Do mesmo o xurado destacou “a súa temática, moi relacionada coa idiosincrasia propia do país, reflectida nun debuxo moi orixinal, no que destaca a súa excelente execución técnica e dominio da cor”.


Neste mesmo grupo, o segundo galardón –500 euros e diploma–recau en Andrés Garrido Martín, coa obra “Trassic World” grazas a súa boa execución técnica, o traballo da cor e a expresividade do debuxo”. O xurado estivo formado polo alcalde de Fene, Juventino Trigo; o concelleiro de Cultura, Justo Martínez; os debuxantes Xosé Lois González Vázquez (O Carrabouxo), Alberto Cardona Valcárcel (gañador do pasado ano) e Cristian Fojón (gañador do Curuxa Nova de 2016), xunto coa coordenadora do Museo do Humor, Almudena Marcos e o xestor de actividades culturais do Concello, Daniel Romero. l

Borja Ramón López, gañador do Premio Curuxa do Humor

Te puede interesar