O BNG quere impulsar a reapertura de escolas unitarias para fixar poboación na zona rural

O BNG quere impulsar a reapertura de escolas unitarias para fixar poboación na zona rural
Escola unitaria de Cobas Tomás Serantes BNG

O BNG-Asembleas Abertas quere que os alumnos teñan relación directa co seu medio, como forma de mellorar a eduación ambiental, a posta en valor do patrimonio natural e cultural, as relacións interxeracionais e a cohesión social. Por iso unha das súas propostas en materia educativa ten que ver co impulso, se é preciso, da reapertura de escolas unitarias agora pechadas, como a de Covas ou a de Esmelle, ata onde se desprazou onte o candidato, Iván Rivas, con membros da súa lista. “É importante que se traballe para a actualización e reforma do mapa escolar de Ferrol, adecuando a oferta de plazas no ensino público ás necesidades e distribución da poboación”, explican desde o partido nacionalista.
Denuncian ademais o abandono destes edificios, unha vez que deixan de funcionar como escolas. Como exemplo puxeron o antigo CEIP Tomás Serantes de Covas que, perdido o seu uso educativo podería ser utilizado “para servizo da parroquia, como lugar de convivencia e comunicación entre a veciñanza”.
A axenda do BNG no día de onte tivo parada tamén na Cabana, onde Iván Rivas defendeu a recuperación do dique mareal e o seu compromiso en tramitar a declaración como Ben de Interese Cultural. Ademais rexeitou o trazado do acceso ferroviario ó porto exterior, que, segundo indica o candidato, impactaría negativamente sobre o dique.
Xa en Brión, Rivas defendeu devolver os montes de Cha ós veciños, para que os xestione unha comunidade de propietarios.

O BNG quere impulsar a reapertura de escolas unitarias para fixar poboación na zona rural

Te puede interesar