O BNG estenderá e intensificará o uso da lingua galega nos concellos

O BNG estenderá e intensificará o uso da lingua galega nos concellos
Delante del Jofre BNG Xavier Vence Día das Letras Galegas

O portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, acompañou onte ós candidatos de Ferrolterra nun acto diante do teatro Jofre no que deixaron claro o compromiso do partido coa lingua e coa cultura galega. Explicítano nunha declaración con motivo do Día das Letras na que debullan propostas para desenvolver nos municipios. “É necesario que a administración local faga bandeira do uso e normalización do noso idioma”, manifestou Vence. Mostrouse “moi preocupado por tódolos informes que van saíndo, do Instituto Galego de Estatística ou das tres universidades, que reflicten o retroceso no seu uso” e atribuíulle responsabilidades ó respecto a unha “política da Xunta de Galicia de abandono e de desprestixio do noso idioma”. “Os concelleiros e os alcaldes nacionalistas van ser a garantía de que o galego se utilice de forma efectiva na administración municipal”, engadiu.
O candidato ferrolá, Iván Rivas, referiuse á situación da cidade, onde, dixo, “temos un alcalde acomplexado” e nos últimos catro anos houbo “un proceso absolutamente avasallante da cultura galega, marxinando calquera tipo de expresión que se fixera na nosa lingua”. Ademais, afirmou que o BNG “é o único partido que leva no seu programa electoral medidas específicas e concretas para poñer en valor a lingua galega porque un pobo que non se expresa é un pobo que non existe”.

rajoy e feijóo
Vence dedicou tamén unhas palabras a Rajoy, estes días de visita en Galicia, de quen dixo que é “o prototipo de galego autocolonizado, que non fai uso do galego en ningún momento da súa vida” nun “desprezo ó idioma que só é parangonable a ese outro mal galego que foi o señor Franco”. De Feijóo dixo que “vai na mesma estela” e criticou que “cada vez utiliza máis o español “, algo que lle resulta “indigno dun presidente da Xunta”. Ademais engadiu que “fai ostentación de desprezo polo noso idioma nunha campaña electoral”.

O BNG estenderá e intensificará o uso da lingua galega nos concellos

Te puede interesar