As beirarrúas en San Pedro, o saneamento en Xoane e a ordenanza canina, ó pleno

O debate plenario de finais de mes incluirá entre os seus puntos a moción sobre a mellora da seguridade da estrada de San Pedro que rexistrou o BNG, tamén o problema dos verquidos de augas residuais en Xoane e as protestas contra a ordenanza de mascotas, xa que un representante da plataforma cidadá opositora tomará a palabra para explicar as súas obxeccións.
O que non estará será a liquidación orzamentaria do ano 2014, un feito que critica o portavoz do Bloque Nacionalista Galego, Iván Rivas, que acusou ó goberno de José Manuel Rey Varela de “querer ocultar a súa xestión económica”. Rivas asegura que a información que instan a levar ó pleno deixaría en evidencia “que o goberno local non paga todo aquilo que debe”, que “gastan máis do que teñen e que ademais o que consignan para gastar en investimentos non chegan a gastalo”. Trátase, segundo o BNG, dunha “política económica criminal” a que desenvolveu o actual goberno, con “incremento das taxas e impostos”, e cunha “constante privatización”.
O BNG presentou ademais por rexistro unha moción para pedir que se solucione “a falta de seguridad na estrada DP 3604”, e demandar beiravías. Explican desde a formación nacionalista que os veciños levan anos queixándose dos riscos para os peóns da estrada de San Pedro, zona de paso para colexios, hospitais e cemiterio e agora tamén para áreas comerciais. Afirman que a Deputación ten aprobado asfaltar esta vía “para mercar conciencias e aparentar que fai obras na cidade pero que por aforrar diñeiro no prevé a construción das beirarrúas”. Ó goberno local pídelle o Bloque que asuma responsabilidades neste problema no canto de “adicarse durante catro anos a desenvolver obras cun fin estético que non resolven os problemas estruturais de Ferrol nin os problemas reais dos veciños”.
Falarase tamén no pleno das deficiencias no saneamento en Xoane e Penas de Guitín, con verquidos de aguas residuais. Hoxe mesmo, no Rexistro, os veciños afectados presentarán as sinaturas recollidas para pedir que se solucione este problema. Acompañaraos o voceiro do BNG, Iván Rivas. n

As beirarrúas en San Pedro, o saneamento en Xoane e a ordenanza canina, ó pleno

Te puede interesar