Bartoleta estrea no Torrente Ballester “Arrabal en guerra”

Despois de tres anos a compañía do Ensanche A Bartoleta regresa aos escenarios cunha nova obra que hoxe se representa a partir das 20.30 horas na capela do Centro Torrente Ballester con entrada libre. Trátase de “Arrabal en guerra”, unha proposta que une dous textos de Fernando Arrabal, “Pic-Nic” e “Guernica”. Estamos ante unha aposta da actriz e directora Helga Méndez e que conta coa intervención de Eli de la Cruz, Luis Pillado, Espe Vidal e Miguel Costoya, a quen se lles une o coreógrafo Suso Pérez Lago. Nas colaboracións tamén contan coa música de dúas bandas locais, Carrero Bianco e Quant. Destaca Méndez: “estamos moi felices de poder estrear de novo porque esta foi unha etapa con moitas complicacións”. Xa a nivel temático, conta a actriz e directora: “Queriamos achegarnos ao mundo do teatro do absurdo de Arrabal, con esa mestura do divertido e o social, co seu toque irreverente. Hoxe o teatro necesita textos como este, cheos de protesta, rebeldía e inconformismo”.

Bartoleta estrea no Torrente Ballester “Arrabal en guerra”

Te puede interesar