O barrio de Canido mergúllase nos actos previos aos Maios

O barrio de Canido mergúllase nos actos previos aos Maios
Canido pasacalles festas dos maios

Canido goza xa da festa dos Maios, unha celebración unida a este barrio e organizada pola asociación de veciños que culmina mañá domingo. Despois das actividades de onte, con actuacións de Los Zares, Agarimo, a coral Alecrín e o grupo Böj, hoxe haberá unha feira desde as 11.00 horas  durante todo o día. Ás 12.00 horas haberá un pasarrúas con Berros do Castro, e unha sesión vermú con Fusión, que repetirá na verbena nocturna. Xa ás 16.00 horas, un partido de fútbol sala. Ás 18.00 Os Xotas farán un pasarrúas, ás 19.30 Berros do Castro, e ás 21.00, teatro con Solaz de Moraima. A verbena con Fusión será a partir das 0.30 horas. O domingo haberá unha mostra dos Maios, Muíño do Vento entrega o premio do seu certame literario e actuarán Os Xotas, Chiculate ou o Toxos.  
Fóra de Ferrol, Pontedeume tamén celebrou onte unha intensa xornada adicada aos Maios. Un percorrido polo centro da vila, unha exposición das construcións florais, con premios para estes e para as melloers coplas, e unha actuación musical a cargo do Grupo Orballo conformaron a xornada.

en piñeiros
En canto ao resto da comarca, o próximo sábado 9 o Padroado de Cultura de Narón e a sociedade Areosa organizan a súa  XVIII edición dos Maios.
Da Igrexa de Piñeiros partirán ás 17.30 horas as entidades participantes ata o local social Municipal. Alí  darase paso ás actuacións das diferentes escolas de danza e música tradicional do padroado naronés.

O barrio de Canido mergúllase nos actos previos aos Maios

Te puede interesar