Bandas sonoras do cine español no concerto que mañá ofrecerá a Sinfónica de Galicia en Ferrol

Bandas sonoras do cine español no concerto que mañá ofrecerá a Sinfónica de Galicia en Ferrol
As actividades a celebrar mañá na cidade naval foron presentadas onte no Auditorio jorge meis

O novedoso programa da Semana das Músicas do Audiovisual impulsado pola Academia Galega do Audiovisual, a Orquestra Sinfónica de Galicia e a Fundación SGAE en catro cidades galegas, recalará mañá xoves en Ferrol con varias actividades.
A primeira terá lugar ás 16.30 horas no Conservatorio Xan Viaño e consistirá na celebració dunha masterclass cos prestixiosos compositores Pascal Gaigne –responsable das BSO de películas como “El Olivo”, recentemente preseleccionada para representar aos Óscar, ou “Loreak”–, e Sergio Moure –compositor das músicas de “Extinction”, “Tesis sobre un homicidio” ou “Seis Hermanas”–. Ámbolos dous falarán da súa profesión e das súas composicións con todos os asistentes. Haberá que formalizar a inscrición na web www.academiagalegadoaudiovisual.gal–.
Máis tarde, concretamente ás 20.00 horas, terá lugar a segunda das actividades enmarcadas no evento que onte foi presentado no Auditorio ferrolán coa presenza do concelleiro de Cultura, Suso Basterrechea, o presidente da Academia Galega do Audiovisual, Carlos Ares; o director da SGAE Noroeste, Juan Carlos Fernández; e o director da iniciativa, Nani García.
Trátase do concerto de bandas sonoras do cine español que baixo o título “As nosas músicas” ofrecerá a Orquestra Sinfónica de Galicia no Auditorio municipal. Interpretará once temas doutros tantos compositores galegos e españois entre os que se inclúen pezas como “Capitan Trueno”, de Luis Ivars; “O Apóstolo”, de Xavi Font; “El Laberinto del fauno”, de Javier Navarrete; “El cuerpo”, de Sergio Moure; ou “Lenzos/Tempos Fugit”, de Nani García.
As entradas para o concerto –ao prezo de 10 euros para o público en xeral e de 5 para os académicos– poden mercarse en www.ataquilla.com, nas billeteira o Jofre ou na do Auditorio dúas horas e media antes do inicio do concerto. A iniciativa ten por obxectivo achega ao público “á música, ao audiovisual e aos profesionais do sector”.

Bandas sonoras do cine español no concerto que mañá ofrecerá a Sinfónica de Galicia en Ferrol

Te puede interesar