O Ateneo recupera a experiencia do exilio infantil a Rusia despois da guerra

O Ateneo recupera a experiencia do exilio infantil a Rusia despois da guerra
gfr_90907.02

Nos anos 1937 e 1938, no contexto da guerra civil española, uns 3.000 nenos e nenas foron evacuados dende a zona republicana cara a Unión Soviética, para evitarlles os rigores da guerra nas zonas máis afectadas polos combates, aínda que o oriente europeo non foi o único punto do exilio infantil das familias republicanas. Moitos daqueles nenos e nenas exiliados non puideron voltar ás súas zonas de orixe debido ás vicisitudes da Segunda Guerra Mundial, a dictadura franquista e a dinámica xeral da guerra fría. 
Hoxe o Ateneo Ferrolán organiza ás 19.30 horas un encontro con Araceli Ruiz (Palencia, 1924) e Libertad Fernández (Sama de Langreo, 1927) dúas daquelas nenas, e Alejandra “Sura” Marcova, unha moscovita que viviu sempre no ambiente dos nenos de Rusia e casou cun deles, Manolo Fernández. Estas tres mulleres falarán da súa experiencia vital nun exilio que aínda é moi descoñecido para moita xente. E a narración da súa vida en primeira persoa irá seguida dun coloquio co público asistente.

O Ateneo recupera a experiencia do exilio infantil a Rusia despois da guerra

Te puede interesar