A Asociación Airiños instalará mesas informativas en Alcampo polo Día Mundial da Hepatite

A Asociación Galega de Trasplantados Airiños instalará hoxe unha mesa informativa no hipermercado Alcampo con motivo da conmemoración do Día Mundial da Hepatite. Tal e como indicou o seu presidente, Abelardo Sánchez, o obxectivo desta acción é informar á cidadanía sobre a enfermidade –sobre todo da C–, xa que aínda “segue a haber moito descoñecemento”. 
Ademais, os voluntarios que estén hoxe pola mañá na superficie comercial contarán con kits de detección do contaxio mediante a saliva e insistirán na importancia de facerse as probas, xa que “se estima que case 700 persoas en España teñen hepatite sen sabelo porque non mostra causas aparentes ao principio”, explicou.

Plataforma Galega VHC
A Plataforma Galega de Afectados pola Hepatite C conmemorará a efeméride nun acto que se levará a cabo no entorno do monumento ao fígado en Ferrol (na parroquia de Valón) mañá á unha da tarde.
Na cita, á que se espera que acudan o alcalde ferrolán, Jorge Suárez, e membros do Parlamento de Galicia, lerase unha declaración con motivo da xornada. l

A Asociación Airiños instalará mesas informativas en Alcampo polo Día Mundial da Hepatite

Te puede interesar