A arte pictórica de Corín Cervera inaugura Avatar, unha nova sala

A arte pictórica de Corín Cervera inaugura Avatar, unha nova sala
Exposicion de Corin Cervera en el Centro Avatar

A escola de artes e oficios e taller de vidro artístico Avatar bota a andar nunha nave do polígono Río do Pozo impulsada pola ilusión de Ángeles Dopico. Ás actividades formativas que se levarán adiante neste espazo súmase tamén a súa vertente como sala de exposicións. Corín Cervera é a encargada de inaugurar coa súa obra pictórica esta zona de cen metros cadrados na que mostra boa parte do seu traballo nos últimos anos. Onte mesmo abría ó público, nun acto no que participaron, con Cervera e Dopico, o profesor e compositor Miguel Brotóns e a poeta Juana Corsina.
A Sociedad Artística Ferrolana colabora activamente con este proxecto artístico. A ela está moi vencellada a propia creadora, quen realiza, en palabras do tamén pintor Carlos Barcón, “una pintura llena de alegría, fresca, siempre renovadora y optimista”. Tras anos aplicada na “educación y desarrollo de su capacidad emotiva y gran sensibilidad”, proxecta no seu traballo a súa imaxinación, fantasía, soños e intuición plasmando “las sensaciones que recibe del exterior y en el pensamiento”.
Tamén Barcón, membro da SAF, saúda a existencia dun proxecto como Avatar, “al que le auguro un futuro prometedor, si desde esta primera exposición cuida amorosamente, pero también con rigidez, las futuras”.
“Portando sueños” pode verse ata o 3 de outubro, de luns a venres, de dez da mañá a unha da tarde e de catro a oito.

A arte pictórica de Corín Cervera inaugura Avatar, unha nova sala

Te puede interesar