• Miércoles, 24 de Mayo de 2017

A arte e a identidade protagonizan a conmemoración do Día das Letras Galegas na comarca

Diferentes zonas da comarca conmemoraron onte o Día das Letras Galegas con varios actos relacionados coa lingua e co homenaxeado este ano, o escritor ourensán Carlos Casares. A Asociación de Veciños de San Xurxo foi a encargada este ano de acoller

A arte e a identidade protagonizan a conmemoración do Día das Letras Galegas na comarca

Diferentes zonas da comarca conmemoraron onte o Día das Letras Galegas con varios actos relacionados coa lingua e co homenaxeado este ano, o escritor ourensán Carlos Casares. A Asociación de Veciños de San Xurxo foi a encargada este ano de acoller a celebración de Ferrol, ao corresponderlle dita competencia por rotación.

A iso das 17.30 horas deu comezo a presentación do programa por parte do presidente da agrupación veciñal da zona rural, José Polo, xunto cunha semblanza de Casares e unha lectura de poemas a cargo do grupo das Rosalianas da asociación “O Lago” e a actuación de dúas corais.

O Concello de Narón comezou a xornada na Praza da Lectura de Santa Icía ás 11.30 horas coa representación da obra “O vendedor de fume”, de Teatro Ghazafelhos, seguida dunda sesión de música infantil a cargo de Picadiscos María Faltri, vocalista da Banda das Apertas de Magín Blanco.


Pola tarde, tivo lugar o espectáculo “Brinca Vai!”, con Paco Nogueiras que mesturou lectura, expresión musical e corporal e a creatividade artística. Como colofón final celebrouse a actuación músico-teatral “Fantasía con palabras”, de María Faltri e Jorge Juncal, e baseado no libro homónimo publicado por Galaxia.


Así mesmo, tamén se habilitou un espazo de lectura con obras de Carlos Casares e homenaxeados en anos anteriores.


A Sociedade Cultural Areosa de Piñeiros celebrou a partir das 17.30 horas una actuación da Coral Municipal de Narón e a Coral Areosa, actos que remataron coa elaboración dunha queimada. Ademáis, o público puido achegarse á exposición de bolillos, bonequería e manualidades dos obradoiros que imparten na asociación durante todo o ano


A Casa da Cultura de San Sadurniño serviu de escenario para comenzar os actos do Día das Letras Galegas e achegar a figura e a obra do escritor ourensán aos máis cativos. O martes, máis dun cento de nenos e nenas do CPI do Concello asistiron a tres espectáculos, un deles protagonizado polo actor e cómico Pedro Brandariz, que explicou a figura de Casares como persoa polifacética e activista político e cultural, a través das historias dun personaxe dos seus contos: Toribio.


A biblioteca acolleu as outras dúas actividades baseadas nun espazo de contacontos centrado nos animais e un xogo para coñecer a orixe da efeméride do 17 de maio. A partir das sete da tarde de onte proxectouse o documental de Gonzalo Veloso “Contando a Carlos Casares”, onde se aborda a súa dimensión humana e cultural botando man de testemuñas que o trataron.

En Cedeira, a choiva fixo mudar o emprazamento dos actos organizados polo Concello pero non así os contidos. Desde hai uns días, un grupo de rapaces viña traballando na elaboración de limóns en papel cuché cos que na mañá de onte adornaron a vella laranxeira que se atopa a carón da Casa Consistorial, un acto simbólico e de homenaxe a Carlos Casares, autor da obra “As Laranxas máis laranxas de todas as laranxas”. O cativos deron lectura a algúns fragmentos da peza no salón de actos do Concello e levouse a cabo unha actividades organizada pola ANPA Picapeixe do colexio Nicolás del Río.

A Galiña Azul
Dende o pasado sábado día 13, o concello de Moeche ven albergando unha serie de actividades para dar a coñecer a literatura galega a través da música, o canto e o teatro. Así, onte tivo lugar un contacontos dunha das obras máis populares de Casares e un referente na literatura infantil, “A galiña azul”, na Biblioteca Municipal, seguido dun obradoiro pensado para fomentar a lectura.

A Escola de Gaitas de Ares iniciou os actos do 17 de maio cun pasarrúas e o Parque Rosalía de Castro acolleu un concerto pasados trinta minutos do mediodía.

A Unidade Veciñal de Olmo (Pontedeume) organizou a actuación do cuarteto de corda da escola de música Charamela para conmemorar o Día das Letras Galegas e á figura do escritor que faleceu o 9 de marzo de 2002 ós 60 anos.