Tres alumnas do Xan Viaño participarán na V Mostra do Eixo Atlántico

Tres alumnas do Xan Viaño participarán na V Mostra do Eixo Atlántico
ueda prensa comedores escolares

O Concello de Ferrol estará presente este ano, por primeira vez, na V Mostra Musical do Eixo Atlántico, na que tomarán parte 18 municipios galegos e lusos que forman parte deste organismo interrexional.
A presenza da cidade naval terá lugar a través do Conservatorio Profesional Xan Viaño, e máis concretamente, das tres alumnas do centro que foron seleccionadas polo propio centro para o certame que terá lugar entre o 23 e 24 de abril en Vilagarcía. Noreia Hermida (piano); María López Carballo (gaita); e María Lejuán (oboe), actuarán na categoriá de menores de 13 anos. Como aperitivo ó seu concurso nesta cita, as tres rapazas ofrecerán uns días antes, o xoves 21 ás 18.15 horas, unha actuación na Feira do Libro de Ferrol.
O concelleiro de Cultura, Suso Basterrechea, e o director do Xan Viaño, Francisco San Ramón, deron conta onte da estrea de Ferrol na iniciativa musical, froito da colaboración e a aposta por reforzar o traballo conxunto entre o goberno local e centro de estudos musicais da cidade, tal e como lembrou o edil. San Ramón, pola súa banda, amosou a súa satisfacción polo apoio do Concello e pola oportunidade que terán as tres alumnas por demostrar a súa calidade musical.

comedores
Por outra banda, o concelleiro de Cultura e Ensino mantivo unha xuntanza coa Federación de Anpas de centros públicos de Ferrolterra para escoitar as súas suxerencias arredor das necesidades dos comedores escolares para telas en conta de cara a elaboración do novo prego do contrato do servizo, xa que o actual remata esta ano.

Tres alumnas do Xan Viaño participarán na V Mostra do Eixo Atlántico

Te puede interesar