A alumna do Xan Viaño Noreia Hermida, gañadora da quinta Mostra do Eixo Atlántico

A alumna do Xan Viaño Noreia Hermida, gañadora da quinta Mostra do Eixo Atlántico
Conciertos en la feria del Libro

Cunha “incrible e talentosa” actuación selaron a súa participación na V Mostra de Músicas do Eixo Atlántico as tres alumnas de entre 11 e 12 anos do Conservatorio Profesional de Música Xan Viaño que durante a fin de semana representaron a Ferrol na cita celebrada en Vilagarcía: María López (gaita), María de Juan (oboe) e Noreia Hermida (piano). Esta última acadou o primeiro premio na súa categoría –a de menor idade–, converténdose ademais na única participante da comunidade galega premiada no concurso –os catro restantes grupos foron copados por músicos lusos–.
O concelleiro de Cultura e Educación, Suso Basterrechea, expresou onte o seu orgullo polo extraordinario papel das tres rapazas nun certame ao que Ferrol acudía por primeira vez. “Fomos felicitados mesmo pola organización polo altísimo nivel que amosaron as tres rapazas de Ferrol”, comentou.
Amosouse ademais moi satisfeito polos “froitos que está a dar a relación tecida hai poucos meses entre o Concello e o Conservatorio”, no que actualmente estudan 508 alumnos.
Na quinta edición da Mostra de Músicas do Eixo Atlántico participaron 18 concellos de Galicia e 10 de Portugal.

A alumna do Xan Viaño Noreia Hermida, gañadora da quinta Mostra do Eixo Atlántico

Te puede interesar