A Agrupación Instrutiva de Caamouco deseña un intenso programa estival

A Agrupación Instrutiva de Caamouco deseña un intenso programa estival

A Agrupación Instrutiva de Caamouco constitúe un auténtico elemento dinamizador da vida cultural desta parroquia aresana durante todo o ano.
A cada vez maior oferta de propostas organizadas está a ter a súa recompensa no continuado medre do número de participantes que secundan as iniciativas. Entre as organizadas para este verán, a entidade incluíu, como novidade, o desenvolvemento de campamentos de verán no seu centro, para os que aínda hai prazas dispoñibles.
Cursos
Tamén segue aberta a inscrición para os cursos de swing e de bailes latinos, que serán impartidos por profesionais a partir de xullo. O primeiro terá lugar os martes, de 21.00 a 22.30 horas. Correrá a cargo de profesorado da academia Andrés & Berna. Do de bailes latinos, que se desenvolverá os venres de 21.00 a 22.30 horas, encargaranse profesionais da Escola de Baile Son Swing (cada un deles ten un prezo de 21 euros para socios e 24 para os que non o sexan).
As actividades comezarán a primeira semana de xullo para se prolongar ata finais de agosto. Os interesados en inscribirse poden chamar o enviar un whatsapp ao teléfono 606 14 67 87.
Outra das propostas formativas deseñadas para o vindeiro mes é o curso intensivo de Canto e Voz, impartido por Eugenia Sanmartín. A actividade celebrarase do 17 ao 20 de xullo en horario de 16.00 a 18.30 horas. O obxectivo do mesmo é darlle aos participantes unhas primeiras pautas de dominio da voz, corrixindo erros. Tamén se ofrecerán novas ferramentas de control vocálico, que permitan construír a base para comezar a falar e cantar ben. Pódese recabar máis información e formalizar as reservas no teléfono 628 99 64 42. l

A Agrupación Instrutiva de Caamouco deseña un intenso programa estival

Te puede interesar