Afundación mostra as paisaxes da Terra Cha de Daniel Díaz Trigo

Afundación mostra as paisaxes da Terra Cha de Daniel Díaz Trigo
Exposicion Daniel Diaz Trigo en Afundacion

Desde onte pode verse na sede de Afundación en Ferrol a exposición fotográfica “Posesións para un esquecemento”, obra do artista Daniel Díaz Trigo, que recolle 29 imaxes galardoadas co I Premio Galicia de Fotografía Contemporánea que convocan desde 2013 a Asociación Proxecto Benito Losada e o Festival Outono Fotográfico, co patrocinio da Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia e a colaboración de Afundación. A mostra poderá visitarse ata o vindeiro 17 de xaneiro de luns a sábados (a excepción de festivos), en horario de 11.00 a 14.00 horas e de 18.00 a 21.00 horas.
Díaz Trigo traballou no proxecto “Posesións para un esquecemento” durante sete anos. Nel conviven as raíces da fotografía documental que deu orixe ao xénero e á plasticidade que se incorporou posteriormente cando a fotografía pasou a formar parte das grandes artes, con grandes panorámicas de fotomontaxes e imaxes nas que se mesturan tamén o debuxo e a pintura. A exposición está estruturada en catro partes nas que se mostran espazos relevantes da Terra Chá: o campo, a colonización, as torres de Arneiro e o manicomio. A través das instantáneas, o autor reflicte a historia recente dos veciños da comarca luguesa, da súa biografía propia e familiar pero no contexto dos acontecementos que viviu Europa no século XX. “A exposición está chea de voces que non se oen, de silencios que xa non se lembran”, describe o propio Daniel Díaz Trigo.

Afundación mostra as paisaxes da Terra Cha de Daniel Díaz Trigo

Te puede interesar