• Domingo, 24 de Septiembre de 2017

Aberto o prazo de inscrición para as actividades escolares do programa Artellando

A Concellería de Cultura, Ensino e Universidade abriu onte o prazo de presentación de solicitudes para participar nunha nova edición do Artellando, un programa municipal de actividades extraescolares intercentros.

Aberto o prazo de inscrición para as actividades escolares do programa Artellando
Imaxe do obradoiro de cociña fría do pasado ano | jorge meis
Imaxe do obradoiro de cociña fría do pasado ano | jorge meis

A Concellería de Cultura, Ensino e Universidade abriu onte o prazo de presentación de solicitudes para participar nunha nova edición do Artellando, un programa municipal de actividades extraescolares intercentros.
Neste curso escolar ofrécense un total de seis obradoiros, atendendo a demanda dos centros e a resposta ás actividades en anos anteriores.
Así, os rapaces poderán escoller entre saídas guiadas ao medio natural coa colaboración da Sociedade Galega de Historia Natural no marco do programa FerrolNaturalmente, obradoiros de cociña fría, fotografía e teatro, e actividades de baile moderno e ximnasia rítmica.
Segundo explicou o concelleiro de Educación Suso Basterrechea, estas propostase van dirixida aos alumnos matriculados no centros de ensino de Educación Primaria do Concello de Ferrol, tanto públicos como concertados. Todas son completamente gratuítas.
Haberá un máximo de 12 alumnos por grupo e desenvolveranse  todos os venres de outubro e novembro, agás no caso de FerrolNaturalmente, que será os sábados con 24 prazas dispoñibles.
Prazo
O período para formalizar as inscricións prolongarase ata o 22 de setembro. As solicitudes formalizaranse mediante instancia no Rexistro Xeral do Concello.
Deberá presentarse unha soa solicitude por cada solicitante dos obradoiros ofertados, aínda que se pida máis dun obradoiro, indicando a orde de preferencia tanto na actividade como no horario do grupo.
O día 29 de setembro publicaranse as listas provisionais de admitidos e excluídos no taboleiro de editos do Concello e na páxina web da Concellería de Educación.
A selección será por rigoroso orde de presentación das solicitudes. A confirmación de praza realizarase no negociado de Educación os días 2 e 3 de outubro ou ben a través do correo educacion@ferrol.es. l