A exposición fotográfica de Novacaixagalicia sobre a Semana Santa poderá verse un mes máis

A exposición fotográfica de Novacaixagalicia sobre a Semana Santa poderá verse un mes máis
imaxe da inauguración o pasado día 18 de marzo luis polo

A exposición que a Coordinadora de Confrarías da Semana Santa inaugurou o pasado 18 de marzo no Centro Sociocultural Novacaixagalicia de Ferrol e que leva por título “Semana Santa en Ferrol. Fotografías dos anos cincuenta” acolleu máis de mil catrocentos visitantes nas súas dúas primeiras semanas de apertura. Tras a boa recepción do público, se decide ampliar o período expositivo ata o vindeiro 1 de maio para que a sociedade de Ferrol teña a oportunidade de seguir gozando da súa mostra. No proxecto colaboran o Concello de Ferrol, a Deputación da Coruña, a Xunta de Galicia e Novacaixagalicia.

A exposición confórmana sesenta e dúas fotografías en branco e negro pertencentes ao arquivo da familia Aulet Barros, prestadas especialmente para este proxecto, ademais das cedidas pola propia Coordinadora de Confrarías. Todas elas permiten ao espectador un percorrido a través das semanas santas da década que vai desde o ano 1950 a 1960 e resumen á perfección a transcendencia que xa neses anos tiña esta tradición ferrolá.

 

memoria visual

O proxecto nace co obxectivo, trazado pola coordinadora e pola súa presidenta, Meca Arcos, de recuperar, con esta e con futuras exposicións, a memoria visual da semana máis importante para a cidade naval. José Higuero é o comisario da mostra, quen, ademais de achegar unha obra fotográfica de gran tamaño, fixo un labor minucioso de dixitalización das pequenas tiras de contacto da familia Aulet Barros ata darlles o formato en A4 e soporte de platinuim co cal se expoñen.

Pode ser visitada de luns a sábado de 11.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.00 horas na sala de exposicións da Fundación Novacaixagalicia de Ferrol.

A exposición fotográfica de Novacaixagalicia sobre a Semana Santa poderá verse un mes máis

Te puede interesar