Unhas 30 parellas participan nas vodas celtas do popular Lugnasad de Cedeira

Unhas 30 parellas participan nas vodas celtas do popular Lugnasad de Cedeira
Lugnasad en Cedeira

Hoxe e mañá, Cedeira recrea por sétimo ano consecutivo a popular festa de Lugnasad, na que se celebran as denominadas vodas celtas. No Camiño Real da Magdalena, preto da praia, nunha zona habilitada polo Concello de Cedeira para a ocasión, ten lugar a celebración que, ano tras ano, vai adquirindo carácter internacional, debido á cantidade de parellas que se achegan a este evento castrexo para celebrar a súa voda celta. 
A festa de Lugnasad é un evento moi participativo, onde os cedeirenses recrean un antigo poboado celta e vístense de época para a ocasión. Os diferentes clans constrúen as súas cabanas con madeira, teas, ramas, etc. para gozar duns días de ambiente “castrexo”, no que non faltan os típicos asados, bebida e música, xa que en Cedeira son moi poucos os que non cantan ou saben tocar algún instrumento.
Na edición deste ano participan unhas 30 parellas de Coruña, Narón, Bertamiráns, Ferrol, Viveiro, Bueu, Vigo, Antas de Ulla (Lugo), Pontevedra, Santiago de Compostela, Vilagarcía de Arousa, Ourense; tamén outras de Madrid, Zamora, Langreo (Asturias), Valladolid, Selecta, Cantabria, Barcelona, e aínda de Lima (Perú), Río de Janeiro (Brasil) e Portugal, ademais dalgunhas de Cedeira e arredores.
Hoxe ás 17.00 horas haberá xogos para nenos e ás 23.00 celébrase “A noite dos druidas”. Mañá ás 12.00 horas haberá un desfile dende o poboado ata a praza Roxa coa presentación dos noivos. As vodas celtas celebraranse ás 23.30 horas.

Unhas 30 parellas participan nas vodas celtas do popular Lugnasad de Cedeira

Te puede interesar