A Filarmónica crea unha cota empresarial para entidades interesadas no patrocinio

A Filarmónica crea unha cota empresarial para entidades interesadas no patrocinio
Unha das actuacións organizadas pola Filarmónica daniel alexandre

Trala asemblea anual do pasado mes, a Sociedad Filarmónica Ferrolana iniciou as actividades para a presente temporada con algunhas novidades como a denominada “cuota empresarial”. Esta iniciativa trata de  ofrecerlle a empresas ou entidades interesadas en colaborar co patrocinio da asociación musical, e cun custe de 25 euros cada trimestre, entradas e aparición nos programas de man dos concertos que celebra a sociedade.

Agradecemento
Nunha nota de prensa, a entidade que preside Ángel Sisto, manifesta o seu agradecemento ao Concello de Ferrol por axudarlle a trasladar a súa sede no “anticuado local” da praza de España ás “modernas instalaciones” do edificio situado no número 202-204 da rúa Magdalena. O local permanecerá aberto ao público para calquera xestión tódolos venres, agás festivos, de 18.00 a 19.00 horas.
En canto á programación da Filarmónica, o próximo día 5 de decembro actuará no Jofre a Real Filharmonía de Galicia dirixida por Maximino Zumalave.

A Filarmónica crea unha cota empresarial para entidades interesadas no patrocinio

Te puede interesar