As Xornadas de Documentación do Ateneo afondan non papel dos arquivos

As Xornadas de Documentación do Ateneo afondan non papel dos arquivos
Ateneo Charla de tres señoras exiliadas en Rusia

As II Xornadas de Documentación que organiza o Ateneo Ferrolán tratarán hoxe a relación dos arquivos coa cidadanía e a experiencia da creación dos mesmos desde aportacións colectivas. A presenza non necesita de inscrición previa, a asistencia é libre e gratuíta ata completar o aforo do salón de actos. 
Será a partir das 17.00 horas coa inauguración a cargo de Suso Basterrechea, concelleiro de Cultura de Ferrol; Eliseo Fernández, presidente do Ateneo Ferrolán; e Xoán Porto, coordinador das xornadas. O primeiro acto celebrarase ás 17.30 horas con Pedro López Gómez, profesor honorario da Universidade da Coruña e presidente do padroado da Fundación Olga Gallego, que pronunciará a conferencia “Os arquivos e os cidadáns: algúns problemas do noso tempo”.

coloquio final
Ás 18.30 horas desenvólvese a ponencia “Arquivo e dominio: repensando os arquivos para a cidadanía”, a cargo de Gaspar Domínguez, en sintonía coa intención das xornadas. Finalmente, escoitarase a ponencia “Arquivos da cidadanía: Fálame de San Sadurniño”, no que  Manolo González e Carmen Suárez relatarán a súa experiencia como responsables do proxecto colectivo “Fálame de San Sadurniño” naquel concello. 
Para rematar as xornadas, a partir das 20.00 horas levarase a cabo no salón de actos un coloquio que estará moderado por Fernando Rivera, bibliotecario do Ateneo Ferrolán.

As Xornadas de Documentación do Ateneo afondan non papel dos arquivos

Te puede interesar