Protestas de pais e nenos para pedir a reposición do servizo de Pediatría

Protestas de pais e nenos para pedir a reposición do servizo de Pediatría
Diario de Ferrol-2015-07-02-016-4acaac23_1

Pais e nais de Monfero, cos seus fillos, protestaron na tarde do martes fronte ó centro de saúde da localidade pola supresión do servizo de Pediatría. Hai quince días, denuncian, que se prescindiu do pediatra “sen xustificación nin explicación ningunha aos veciños por parte da Xunta”, explican os afectados. A mobilización foi apoiada polo membros da corporación municipal e tamén polo Partido Socialista.
A supresión do servizo implica desprazamentos a localidades como Pontedeume, Betanzos ou As Pontes para recibir atención médica, “percorrendo ás veces máis de 40 quilómetros”, aseguran os socialistas nun comunicado de prensa.
“Monfero ten unha importante dispersión poboacional e iso supón para moitos pais ter que desprazarnos unha morea de quilómetros para que os nosos nenos sexan atendido. Atópamonos nunha evidente situación de desigualdade con respecto ós rapaces doutros concellos”, afirmou unha das portavoces das familias afectadas.
Precisamente Pontedeume tamén reclamou nas últimas semanas que se cubrise a praza de Pediatría da tarde, logo da marcha da médica responsable. Desde o Sergas comprometéronse a atender esta petición, á que tamén se sumaba Monfero.

Protestas de pais e nenos para pedir a reposición do servizo de Pediatría

Te puede interesar