“Os propietarios teñen unha gran oportunidade de participar na planificación das Fragas”

“Os propietarios teñen unha gran oportunidade de participar na planificación das Fragas”
Reunión del Consello consultivo de las Fragas do Eume en el centro de recepción de visitantes que está en Ombre

Os  intereses da Xunta parecen non coincidir cos dos propietarios do parque das Fragas do Eume, de aí que nas últimas semanas se veñan produciendo cruces de declaracións entre as partes. Coa entrevista á directora xeral de Conservación da Natureza, Verónica Tellado,  Diario de Ferrol trata de recoller a postura que a administración manten a este respecto.

¿Cales son as liñas xerais del Plan Reitor de Usos e Xestión das Fragas do Eume e seus obxectivos?
 As Fragas do Eume constitúen unha das mostras máis importantes do bosque atlántico europeo e a conservación, mellora e restauración do seu patrimonio natural e da súa biodiversidade foi a razón da declaración como parque natural. Co inicio da tramitación do Plan reitor de uso e xestión, a Xunta reafirma o seu compromiso na busca de compatibilizar a conservación dos espazos protexidos co desenvolvemento da actividade tradicional, así como a garantía de mantemento da biodiversidade e dos procesos ecolóxicos, preservando as paisaxes e os hábitats.
 
Á marxe dos encontros puntuais cos afectados, administracións locais e entidades, ¿a Xunta trató de buscar un acercamento cos propietarios, xa  que o documento que agora está en fase de exposición pública data do ano 2011?
 A Xunta leva buscando un acordo desde o ano 2010 no que se presentou ante a xunta consultiva un documento técnico de inicio e no 2011 foi modificado e novamente sometido a criterio da xunta consultiva. Nas numerosas reunións mantidas con todos os sectores implicados debateuse a opinión do que debería ser o Plan en liñas xerais, estando todos de acordo na necesidade de sacar adiante unha planificación necesaria e obrigatoria, así como de afondar nos aspectos que máis preocupan á xente que vive ou desenvolve unha actividade tradicional dento do parque. Tras máis de catro anos desde a presentación do primeiro documento, era necesario avanzar nunha planificación obrigatoria por lei, aberta á participación de todos. Necesitamos e queremos un plan de consenso.Pero é moi importante destacar que o documento pasará por varias exposicións públicas, audiencia aos interesados, e será escoitada a xunta consultiva do parque antes da súa aprobación.
 
O desencontro da administración cos propietarios vén de lonxe. Transcorridas case duas décadas dende a creación do parque ¿cal é a oferta que agora pon a Xunta sobre a mesa para que os donos do 80% do solo do parque se sintan motivados polo plan?
 A Xunta ten a responsabilidade de aprobar unha planificación que responda ao interese xeral, conservando o patrimonio natural, e non pretende, en ningún caso, que sexa a costa dos propietarios das parcelas. Temos a vontade de integrar as propostas achegadas. Proba desta vontade foi o aumento do prazo outorgado para presentar alegacións ao plan, que nestes momentos estamos a analizar. Teñen á súa disposición unha grande oportunidade de participar na planificación do parque, nas actuacións e na súa proposta de futuro de cara o ano 2020.
 
¿Nalgún apartado do documento se contemplan as compensacións económicas que os propietarios veñen reclamando dende o mesmo instante da creación da reserva?
O Plan contempla un apartado específico destinado a recoller os compromisos económicos que se asumen coa planificación proposta, pero a Xunta analizará primeiro as aportaciónsdos interesados. En todo caso, no documento que se elabore tras a exposición pública, contemplarase detalladamente o orzamento previsto, que contará con axudas destinadas de forma específica aos propietarios de terreos ou empresarios que desenvolvan unha actividade na contorna do parque.
 
¿Non cren os responsables da Xunta que cunha postura máis flexible aos intereses dos propietarios, aos que tampouco se lles deixou retirar a madeira queimada polo incendio do ano 2012, habería outros resultados?
 A Xunta ten manifestado en numerosas ocasións a total vontade de diálogo e de acordo. En todo o relacionado coa conservación da natureza e da biodiversidade é fundamental integrar a vontade dos propietarios dos terreos, xa que os veciños que viven e traballan na contorna dos espazos protexidos son o mellor garante para a súa conservación, pero non podemos esquecer que estamos nun parque natural, polo que se debenadoitar decisións responsables.
 
Unha vez recibidas e analizadas as alegacións ¿cales son os siguintes pasos?
Recibidas e analizadas as achegas decidirase que propostas  incorporan ao Plan, o que vai requirir un traballo de análise e de dialogo no que participaran todas as partes involucradas. Unha vez rematado este proceso someterase por un prazo de dous meses o texto a información pública e audienciade novo a todos os interesados. Nese tempo recabaranse os distintos informes sectoriais para dotar o Plan da necesaria seguridade xurídica para que responda aos obxectivos que marca a lexislación europea, estatal e autonómica. Rematado o proceso, analizadas as novas achegas e de novo integradas, se procede, no plan, faltaría o informe final da asesoría xurídica da Xunta e o pronunciamento expreso da xunta consultiva do parque, antes de sometelo ao Consello da Xunta para a súa aprobación.
 
Hai algunha data prevista para a entrada en vigor do plan? A posta en funcionamento o mismo significa máis actuacións e inversións no parque das Fragas do Eume?
 A data vai a vir marcada pola busca do consenso e o desenvolvemento dos pasos na tramitación. Nos pararemos nas distintas fases o tempo que faga falta para chegar a consensos, non só cos propietarios, aínda que especialmente con eles, senón coas tres universidades, os grupos ecoloxistas, os empresarios, o sector do turismo, os alcaldes..... en definitiva, con todos. O importante da entrada en vigor do Plan Reitor de Usos e Xestión será que as inversións e as actuacións non responderán tan só a criterios fixados pola Xunta de Galicia como acontece na actualidade, senón que virán establecidos nun Plan para o que insisto, contamos con todos.

“Os propietarios teñen unha gran oportunidade de participar na planificación das Fragas”

Te puede interesar