• Domingo, 24 de Septiembre de 2017

José M. Blanco | “A forma de facer política en Narón é diferente, os plenos son áxiles e o 90% dos asuntos se aproban por unanimidade”

O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, despedirase o próximo sábado día 23 da Alcaldía para gozar da súa xubilación despois de dous mandatos ao fronte do Concello onde lle tomou o relevo en xaneiro de 2009 a Xoán Gato. Atrás deixa 34 anos de traxectoria política nos que afrontou responsabilidades en case todos os departamentos municipais.  

José M. Blanco | “A forma de facer política en Narón é diferente, os plenos son áxiles e o 90% dos asuntos se aproban por unanimidade”
José Manuel Blanco, no seu despacho da Alcaldía | d.a.
José Manuel Blanco, no seu despacho da Alcaldía | d.a.

O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, despedirase o próximo sábado día 23 da Alcaldía para gozar da súa xubilación despois de dous mandatos ao fronte do Concello onde lle tomou o relevo en xaneiro de 2009 a Xoán Gato. Atrás deixa 34 anos de traxectoria política nos que afrontou responsabilidades en case todos os departamentos municipais.  

Foron oito anos e oitos meses aofronte da Alcaldía, de qué proxectos se sinte máis orgulloso? 
En Narón seguimos o camiño que tiñamos trazado hai moitos anos e polo tanto de todos os proxectos que se foron facendo e desenrolando te consideras partícipe e orgulloso como o desbloqueo do centro de saúde que este ano, aínda que eu non o vexa, firmarase o contrato para a execución das obras pero tamén a melloría na calidade de parques e zonas verdes, paseos, saneamento da ría... Tocóume vivir a maior crise do Estado español e houbo que adaptarse a esa situación. Fumos capaces de manter os servizos básicos a niveis aceptables e incluso incrementando as subvencións e axudas ás familias que o necesitaban, e por outro lado soubemos seguir reducindo débeda que ao final deste mandato espero que esté a cero.
 
Cales quedan pendentes que lle tivera gustado sacar adiante? 
O do colexio de Primaria na zona do Alto do Castiñeiro. Non fumos capaces de facerlle entender á Xunta de Galicia a necesidade deste centro ao igual que o convenio de mantenemento dos centros educativos. Os centros de Narón son centros antigos, algúns teñen máis de 30 anos e precisan de inversións importantes e levamos dous mandatos intentando firmar ese convenio ao que nunca logramos darlle para adiante. 

Outro tema que queda sen resolver é o da cementeira de Castro. 
O tema da cementeira de Castro está no xulgado. Cando o xulgado decida para si ou para non o que pode pasar, se actuará en consecuencia. A xustiza ten que pensar que hai que darlle unha solución e pouco máis podo opinar ate que fale o xulgado. O Concello fixo as súas obligacións e está para que se cumpla a lei. 

Aínda que foron dous mandatos na Alcaldía, foron 34 anos na política activa pasando por case todas as áreas... 
A verdade é que recorrín dende Urbanismo, Servizos, Obras, Educación, Cultura... Paréceme que menos Policía e Protección Civil quedáronme poucas polas que non teña pasado. Todas tiveron momentos agradables. Recordo especialmente cando se aprobou por unanimidade a revisión do plan de Urbanismo en 2002. Iso foi para min un gran logro, poñer a todos os partidos dacordo nun tema tan delicado do que moitas veces se aproveita para crear confrontación... Recordo con cariño a instalación dos primeiros servizos sociocomunitarios nos anos 90. Hoxe é algo que os Concellos están copiando a nivel de toda Galicia. 

Considera que nestes 30 anos mudou a forma de facer política? 
A política en Narón  é diferente en case todos os concellos, xa non da comarca, senón de Galicia. Os plenos, habitualmente e dende sempre, son áxiles. Cada partido plantexa os seus puntos de vista pero non se enrocan. Outro tema curioso é que máis do 90% dos asuntos apróbanse por unanimidade. Narón está afeito a traballar dunha maneira que durante as comisións se discute, se fala, se intercambian opinións pero cando se vai ao pleno os grandes temas se aproban por unanimidade. Esa forma de facer política é importante. Tamén hai que recoñecer que o primeiro e segundo mandato foron anos moi duros porque viñamos da dictadura e os plantexamentos eran moi contundentes por parte dos grupos e había enfrontamentos que hoxe xa desapareceron. Teño que agradecer á oposición o seu traballo pero tamén a súa forma de facelo. Defendendo as súas ideas pero no momento en que saen adiante apoiando á propia institución.

Xa ten dito que confía moito na súa sucesora Marián Ferreiro e no relevo xeneracional de TEGA... 
Este relevo estaba previsto dende as eleccións de 2015. Teño plena confianza nela, sei que vai ser unha gran alcaldesa. É unha persoa preocupada, non lle gusta que as cousas saian ben, quere que saian perfectas. Está preparada e ten un gran equipo de xente xove e algún un pouco máis maior pero que axuda a desenvolver as ideas. O único que espero deles e que esas ideas novas se implanten en Narón.

Un consello que lle daría? 
Que sexa ela mesma, que sexa natural e que fale cos veciños, que os escoite, que non se meta no despacho. Iso é o peor que lle pode pasar a un alcalde. Ela non o vai facer, estou seguro. l