O BNG demandará na Cámara galega que se aclaren as verteduras aos ríos Mera e Baleo

O BNG demandará na Cámara galega que se aclaren as verteduras aos ríos Mera e Baleo
Sesión na Cámara Galega I AEC

O Bloque Nacionalista Galego vai demandar no Parlamento de Galicia que se aclaren as causas das verteduras aos ríos Mera e Baleo, en Ortigueira. A formación indica que os veciños e veciñas denunciaron o mal estado no que se atopan as augas “e en algún caso mesmo mal olor”, incidindo en que se trata de lugares da Rede Natura 200 (río Mera) ou propostos para a súa ampliación (río Baleo).

 

O deputado comarcal, Mon Fernández, e o candidato á Alcaldía do municipio, Marco Schaal, mantiveron por este motivo un encontro con varios colectivos da localidade. “Os veciños e veciñas non dubidan en sinalar o polígono industrial de As Somozas no caso do mal estado do Mera, e á canteira do lugar de Lombao, no do Baleo”, afirman os nacionalistas nun comunicado.

 

Por todo isto, desde o BNG presentarán para a súa aprobación que “o Parlamento insta á Xunta a unha investigación exhaustiva para determinar a orixe da contaminación (...) e tomar as medidas necesarias para que non se repitan”

O BNG demandará na Cámara galega que se aclaren as verteduras aos ríos Mera e Baleo

Te puede interesar